| Santiago de Compostela foi, por tardición, sempre un punto de chegada. Á cidade conducen as rutas que, baixo o nome de Camiño de Santiago, seguen os peregrinos dende fai mil anos para chegar á tumba do Apóstolo. Pero tamén ás modernas vía que traen ós visitantes por terra e por aire.
Situado no centro do territorio galego, Santiago de Compostela, como punto de partida, oferta a posibilidade de se achegar en moi pouco tempo a outos lugares de interese da variada e fascinante xeografía de Galicia.
No caso de cidades como A Coruña, Ferrol, Lugo, Pontevedra o Vigo, pero tamén de paraxes fermosos e accesibles: bosques centenarios, verdes paisaxes de montaña, ríos, aldeas con encanto salpicadas de canastros e cruceiros, pazos rurais e xardíns históricos, fortalezas, miles de igrexas, conventos e mosteiros, típicas vilas mariñeiras e acrópolis medievais, rutas prehitóricas milenarias e camiños de Santiago. E como non, a extensión da costa máis importante de España, composta por famosas rías, baixas e altas, onde as montañas se converten en mar, e a abrupta e mítica Costa da morte.
Tamén está a excelente gastronomía e os recoñecidos viños de Galicia, basados nos productos naturais de gran calidade cos que nos agasalla a fértil terra galega.
A singularidade do seu fascinante património intanxible, das súas supersticións e creenzas, que falan de carácter ancestral e místico da Galicia tradicional, completan o repertorio de atractivos deste País máxico
Para darlle a coñecer o infinito e interesantísimo patrimonio co que conta Galicia, Compostela Visión ofértalle un servicio regular de excursións dunha xornada, dende Santiago, que conta cun total de 11 percorridos diferentes distribuídos ó longo da semana, que lle levarán por algún dos lugares imprescindibles do país galego. E, para grupos de máis de 25 persoas, Compostela Visión, pon a súa disposición unha serie de percorridos opcionais a medida.
Para as noites dos venres e dos sábados ofrecémoslles un paquete que inclúe unha visíta panorámica pola cidade, para trasladarnos logo a un blasonado pazo rural, e asistir a unha típica feira galega ó aire libre con pulperias, gaiteiros e bombas de palenque, seguido dunha cea de degustación nos históricos salóns do pazo. E a media noite, “hora das meigas” e “conxuro da queimada”. É a “noite meiga” galega a mellor e a máis variada velada da súa estancia en Santiago e Galicia.
As excursións Compostela Visión inclúen:
- O desplazamento en autocares modernos e confortables de 50 pasaxeiros e equipados con asentos especiais para cativos.
-
O acompañamento dun guía profesional con capacidade para guiar a visita indistintamente en diferentes linguas.
-
O almorzo (excursión dunha xornada), o aperitivo (excursións de media xornada) ou a cena ( noite meiga).
- As entradas a monumentos.
- En función do percorrido elixido, tamén os cruceiros en catamarán e a cata de viños galegos nas súas propias adegas.
A comodidade, o prezo, a profesionalidade dos guías turísticos, e a calidade do servicio son as claves do éxito de Compostela Visión.
Para contratar o servicio consultar na recepción. |