Historia
Percorridos
  Rías Baixas - Salnés
  Portugal - Galicia Meridional
  Rías Baixas - Barbanza
  A Costa da Morte - Finisterre
  Rías Altas
  Ribeira Sacra - Cañóns do Sil
  Pazos y Jardines Históricos
  Padrón
  Ribeira Sacra
 
   
 
   
 
   
 
   
 
   
 
   
 
   
 
   
 
 

Para contrata-lo servicio
consultar na recepción

 

Ruta 1: Rías Baixas - Salnés

AS VILAS MARIÑEIRAS
Pontevedra, Combarro, Sanxenxo, Portonovo, A Lanzada O Grove, A Toxa, Cambados .

A excursión contornea a Península do Salnés, entre as Rías Baixas de Arousa e de Pontevedra. Rías resguardadas, moi productivas, sembradas de bateas nas que medran os mellores mexilóns do mundo. Tamén nos atopamos con illas pequenas e máis grandes: Ons na Ría de Pontevedra. En Arousa, Sálvora, Cortegada e A Toxa. Nas ribeiras do Salnés a arte e a historia mestúranse. Nas súas marxes asentáronse cidades fermosas coma Pontevedra, pequenos pobos mariñeiros – Combarro, O Grove, Cambados- centros turísticos e residenciais- Sanxenxo, Portonovo, San Vicente do Mar- mosteiros- Poio, Armenteira- e mutitude de pazos casas señoriais, que dan conta da riqueza dunha terra que é ademáis unha das principais rexións vinícolas de Galicia, productora de caldos, Alabriño e Barrantes.
Todo un mundo en miniatura moi concurrido por galegos e foráneos, perate a época estival polo seu agradecido clima, e a calidade dos seus servicios turísticos.
O percorrido comenza na monumental Pontevedra, o fondo da ría do mesmo nome, para continuar en Combarro, estampa típica de cruceiros e canastros inmersos case que no mar. Pasadas as praias de Sanxenxo, Portonovo e Montalvo chégase o inmenso areal dá Lanzada e despois á península de O Grove e á atractiva e selecta Illa da Toxa. Remataremo-lo noso percorrido no monumental Cambados.

Pontevedra

No fondo da ría do mesmo nome, e á marxe do río Lérez, o casco histórico de Pontevedra de orixe medieval, destaca polo seu bo estado de conservación. Aínda que semella unha cidade pequena, percorrela sempre leva máis tempo do esperado o seren moitos os seus encantos. O Museo Provincial, a Igrexia da Peregrina (s. XVIII) barroca e con forma de vieira, a de Santa María a Mayor (S. XVI), a percorrida praza de A Leña, os soportais da Ferrería ou a Rúa de San Telmo, son só algúns dos puntos de interese desta cidade Capital de Provincia do mesmo nome.

Combarro

Combarro é a estampa da Galicia mariñeira que un agarda atopar. As súas casas e os seus canastros, case que introducidos no mar, foron inmortalizados en miles de fotografías e carteis, construíndo a típica imaxen das rías galegas. Todo o pobo foi declarado Conxunto Histórico-Artístico.

Sanxenxo y Portonovo

Aínda que fai pouco máis de dúas décadas, Sanxenxo e Portonovo, eran só dúas pequenas aldea de pescadores, hoxe en día son as capitais do turismo de praia de Galicia. As súas praias e a súa movida nocturna seguen funcionando de imán para galegos en particular, e españois en xeral, e tamén para os veciños portugueses.

A Lanzada


Trátase dunha inmensa lingua de area branca que olla cara o océano e gracias á que a península de O Gorve se mantén unida a terra firme. Pero é tamén, pola súa relación cos ritos de fecundidade, unha playa profundamente viculada ó misticismo que tan relacionado se atopa con galegos. A tradición di que tomar un baño de nove olas durante unha noite de lúa da lugar a fin da infertilidade. No seu costado sur, ollando o mar, e a ponente, ten unha fermosísima ermida románica do século XIII a cal vive allea o resto do mundo xunto ós restos dunha torre medieval do século X.

O Grove

A península do Grove, só levemente unida ó continente, ten na realidade unha personalidade isleña. Moi frecuentada no verán, é coñecida principalmente pola caliadade dos seus mariscos que a convirten na capital da gastronomía mariñeira.
Outra das súas paradas fundamentais e o monte Siradela que cos seus 167 metros, sobre o nivel do mar, é o punto máis elevado da rexión, e polo tanto o seu mellor mirador. O seu centro urbano ten multitude de tascas, tabernas e restaurantes onde se poden degustar os máis exquisitos mariscos e pescados.
Do porto do Grove sae o cruceiro que percorre a ría de Arousa e nos leva terra adentro cara a boca do río Ulla. A ruta, segundo conta a lenda, é a mesma que seguiu a barca que transportou os restos do Apóstolo Santiago cara Padrón. Navégase entre as bateas nas que se cultivan os afamados mexillóns galegos e que converten a galicia no primeiro productor mundial destos bivalvos.

Isla de a Toxa

Illa luxosa polas propiedades das súas augas, que deron nome a unha marca de productos cosméticos e minerais internacionalmente coñecidos. Na Toxa o ambiente é selecto e os servicios turísricos- hoteis, balneario, casino- de primeira calidade. Todo envolto dunha grande tradición que data xa dende principios do século XX.
Ten unha coqueta capella, peculiar por estar toda ela cuberta de cunchas de vieira, que moitos utilizaron para deixar constancia do seu paso pola illa por medio dos seus grafismos. Poderiámos falar dun peculiar libro de visitas.

Cambados

Ostenta o título de “ Moi Nobre Vila”. Esa nobreza apréciase nas centenarias pedras que compoñen a Praza de Ferfiñáns (S. XVII) coa súa señorial paz e a románica Iglexia de S. Bieito (S.XVI) que a franquea. Cambados é a capital indiscutible do Albariño que fai a súa festa no primeiro fin de semana de Agosto.