Historia
Percorridos
  Rías Baixas - Salnés
  Portugal - Galicia Meridional
  Rías Baixas - Barbanza
  A Costa da Morte - Finisterre
  Rías Altas
  Ribeira Sacra - Cañóns do Sil
  Pazos y Jardines Históricos
  Padrón
  Ribeira Sacra
 
   
 
   
 
   
 
   
 
 

Para contrata-lo servicio
consultar na recepción

 

Ruta3: Rías Baixas - Barbanza

PAIZAXES MÍTICAS:
Noia, Castro Baroña, Dunas Corrubedo, Curota, Pobra do Caramiñal

A Comarca do Barbanza é unha terra de fortes contrastes dividida pola Serra do Barbanza, un enorme bloque de granito que se mete no mar separando ás Rías Baixas de Muros e Noia da Ría de Arousa. Nun espacio relativamente pequeno, esta zona, concentra importatísimas zonas de interese paisaxístico, ecolóxico e arqueolóxico. A Paisaxe, de formas rotundas e salvaxes nos seus montes, coma balcóns privilexiados sobre as Rías Baixas, da paso a extensos areais brancos e lagunas na súa costa. Destaca entre todos eles, pola súa importancia natural, o complexo dunar de Corrubedo formado pola Lagunas de Carregal e Vixán. Está ademáis xalonado por monumentos megalíticos e prehitóricos, coma o espectacular Castro de Baroña, e polas vilas mariñeiras con pasado medieval. Na Serra de O Barbanza miles de cabalos e vacas viven en total liberdade en contacto coa natureza e o vento do mar.

Ría de Muros y Noia

As rocas graníticas condicionan a meirande parte dos paisaxes naturais desta ría. Isto queda patente na península acantilada do castro de Baroña, na marxe meridional e no Monte Louro, na septentrional. Este último é un dos montes máis bonitos de Galicia e protexe, cal bastión defensivo, ás trasparentes augas e os extensos areais desta ría.

Ría de Arousa


A máis extensa das Rías Baixas remata polo norte coa brusca Serra de O Barbanza, mentres que polo sur bordéana as terras de perfís suaves da península do Salnés. Salpícana numerosas illas e islotes de extraordinaria beleza, destacando, a de Salbora, na súa entrada, a de Arousa, no seu sector central e a de Cortegada no seu fondo, case en contacto coa desembocadura do Río Ulla. A ría nun perfil sinuoso, con numerosas ensenadas, calas e pequenas penínsulas que favoreceron o asentamento dun rosario de vilas mariñeiras. A amplitude da ría propiciou que dende antigo fora unha vía aberta o comercio pero tanén ás defensivas Torres do Oeste en Catoira. Segundo a lenda, por esta ría chegou ata Padrón, poboación situada no vértice da ría, a barca que transportaba as relíquias do Apóstolo Santiago.

Noia


Situada no fondo da ría de Muros e Noia, esta poboación, foi importante na historia de Galicia e conserva, aínda, un interesante casco antigo de orixe medieval. Na vila hay dous templos que figuran entre os máis importantes da arquitectura galega: S. María a Nova (S. XV) a que conten importantes lápidas gremiais e S. Martiño (S. XV). Destaca tamén o de S. Francisco e, en canto a espacios urbáns, a rúa do Curro coa Casa da Escola de Gramática.

Castro de Baroña


“castro” é o nome que recebe un tipo de poboamento característico, defendido por parapetos e foxos, e que existiu no noroeste da Península Ibérica. Trátase dunha construcción especialmente galega e que ten unha cronoloxía dende a Idade de Ferro ata moi avanzada a romanización. As vivendas que máis comúnmente se relacionan cos castros son de dunha típica forma circular e semellantes as famosas pallozas.
Castro Baroña é espectacular o se encaixar de proa no mar e estar situado nunha península que só se une a terra por un pequeno istmo de area. Esta ubicación e o seu marabilloso estado de conservación convírteno nun dos máis fermosos e impactantes escenarios da cultura “castrexa”. O castro está declarado Patrimonio Artístico Nacional.

Dolmen de axeitos

O Dolmen de Axeitos, chamado popularmente Pedra do Mouro, leva conosco 4000 anos. Tivo, coma tódo-los monumentos megalíticos deste tipo, un uso funerario. O dolmen atopábase acochado baixo un túmulo de terra e tiña un corredoiro de entrada, xa desaparecido, orientado cara o sol nacente.

Dunas de Corrubedo

A xigante duna móvil da praia de Corrubedo, formada por un conxunto de dunas continuamente remodeladas polo vento, é única no litoral de Galicia debido o seu tamaño, un kilómetro de longo que pode chegar os quince metros de alto, e porque xunto a ela tamén nos podemos atopar a duna de auga doce, chama Vixan, e una de auga salubre, chamada Carregal, que compoñen unha zona de marismas de alto interese natural.
Na próxima praia de O Vila, con “Casa da Costa” coma Centro de Recepción de Visitantes, unido o Centro de Interpretación do Ecosistema Litoral Galego, contan co abundante información deste entorno natural protexido.

Ribeira


Santa Uxía de Ribeira, cidade de extraordinaria puxanza económica baseada na importacia do seu porto pesqueiro, conserva aínda algúns restos da vella vila mariñeira que foi.

A Curotiña


A 368 m. sobre o nivel do mar, a cima da Curotiña, é o mellor lugar para ter unha perspectiva case aérea das Rías Baixas e, en días claros, incluso ata portugal.
Dende alí se comproba a serenidade característica das rías mentres, os nosos pés, barcos, bateas e portos mariñeiros semellan figuras dunha enorme maqueta. E pacendo aquí e acolá , os cabalos salvaxes de O Barbanza: verdadeiros señores da paisaxe.

Pobrado Caramiñal

Vila Señorial resultado da unión de dúas poboacións anteriores que, o irmanarse, compuxeron o topónimo desta poboación. Nela atopamos tanto casas blasonadas coma castelos, tomándo como exemplo as Torres de A Xunqueira. Flota sobre a vila a sombra de Ramón María del Valle- Inclán (1866-1936), un dos principias literatos de Galicia – autor de obras coma “Tiarno Banderas”, “Sonatas”, “Luces de Bohemia” ou “Divinas Palbras”- e que ten neste lugar o seu museo.
Dispón dunha alameda moi xeitosa, orgullo dos seus habitantes.