| Noia, Muros, Carnota, O Pindo, Ezaro, Cee, Corcubión, Fisterra
A viaxe a Fisterra e a Costa da Morte é, polo seu significado xeográfico e histórico, un rito ineludible para todos os que visitan Galicia que se sorprende, ademáis, con verdadeiros achádegos paisaxísticos e monumentais.
Dende Santiago a viaxe faise bordeando a ría de Muros e Noia dende o seu fondo, onde desemboca o río que a alimenta, o Tambre, un dos máis importantes de Galicia.
Continúa polo pintoresco Muros e máis alá, xa en pleno mar aberto, polos extensos areais de Carnota, que posúe un dos canastros máis grandes de Galicia. Prosegue o percorrido pola falda do mítico Monte Pindo e por Ézaro- onde desemboca o Xallas, único rio de Europa que cae dende o seu cauce directamente sobre o mar formando unha cascada- ata chegar a emocionante punta de Fisterra, nome inseparable do da Costa da Morte, considerada popularmente como o extremo máis occidental do continente Europeo dende que o descubriron os romanos na expedición de Décimo Junio Bruto.
As rocas graníticas condicionan a meirande parte das paisaxes desta excursión, coma se aprecia inequívocamente no monte Louro, que pecha a Ría de Muros e Noia na súa parte septentrional e a protexe da froza do Atlántico. O Monte Louro é o icono paisaxístico que guía a primeira etapa desta ruta.
Na paisaxe destacan ademáis a transparencia das augas, as longas praias de area branca finísima e as ensenadas salpicadas de vilas mariñeiras, algunhas señoriais, coma Noia -no fondo da ría-, Muros – na súa marxe septentrional- ou Corcubión – chegando xa case a Finisterre-. Son vilas medievais construídas en granito, a pedra galega por excelencia, a mesma que asoma por todas partes da paisaxe. Trátase de poboacións de rúas estreitas e serpenteantes que conflúen en pequenas plazas as que se asoman acolledores soportais.
La Costa da Morte
O inicio da Costa da Morte sitúano, algúns en Muros. A denominación fai referencia o segmento noroeste do litoral galego, a medio camiño entre as Rías Altas e as Rías Baixas, que se extende a decenas de kilómetros, dentro dos límites da provincia de A Coruña. É unha costa de praias desertas, ensenadas e acantilados. Os cabos entre os que despunta o de Fisterra, adéntranse nun océano bravío e de augas axitadas. Todo elo forma unha paisaxe inconfundible só existente neste lugar.
A personalidade da Costa da Morte atópase profundamente marcada pola súa condición de límite occidental de Europa. En realidade, o punto do continente situado máis cara oeste é o portugués Cabo da Roca. Mais dende a antiguedade o home considerou este lugar coma o “finis terrae”, el fin del mundo, a porta do “Máis Alá”. A súa chegada a este lugar, os romanos, relataron e presenciaron o espectáculo do sol afundíndose no Océano Atlántico, unha escena grabada na imaxinación colectiva dos antigos dende tempos moi remotos. Fisterra é o final de moitos camiños, incluído o de Santiago. Ata alí se prolonga a viaxe para cumprir os últimos ritos de peregrinación e chegar ata o lugar onde se pon o sol, e volver nacer, símobolo de renovación de vida.
Fronte a estas costas navegou, e navega, boa parte do tráfico marítimo do Atlántico Norte. A costa abrupta, moi recortada, e as tormentas e temporais de inverno explican que a Costa da Morte fora escenario de multitude de naufraxios. Fronte o mar é posible ver cruces que recordan as súas víctimas. De ahí o seu nome.
Os seus pobos habítanos homes e mulleres do mar. Unha das imaxes máis representativas desta zona é o traballo dos percebeiros, saltando de roca en roca e esquivando ás embestisdas do mar. Como non podía ser doutra forma, a gastronomía deste lugares saca partido da calidade e a variedade dos seus peixes e mariscos.
Na Costa da Morte mantéñense aínda as tradicións dos seus antigos oficios e labores de artesanía. O encaxe de bolillos, sobre todo en Camariñas, pero tamén o de outras localidades, mereceu o recoñecemento internacional.
É unha terra de misterio, de lendas e de mitos. A súa beleza paisaxística e interese cultural convírtena nunha zona única e de especial encanto.
Desde noia
Desde Noia , no estuario do Tambre, e pasando a medieval ponte de Ponte Nafonso, a ría vai abríndose paulatinamente o mar. Unha curva na estrada, xusto antes de entrar na localidade de Esteiro, descúbrenos, de súpeto, o monte ca pecha, un dos máis fermosos e de perfil máis icónico de Galica: O Monte Louro. A partires de aquí, as praias de augas transparentes e tranquilas e pequenos pobos que cada vez se van separando máis e anunciando a proximiade da Costa da Morte.
Muros
Orientada cara o sol do Sur, e abrigado polas montañas de Carnota e de Mazaricos, o porto medieval de Muros, Conxunto Histórico-Artístico e principal estación turística de Finisterre, é a entrada simbólica que da paso a Costa da Morte.
No fermoso cuadro arquitectónico conservado nas súas vellas rúas de nomes suxerentes, destacan as construccións relixiosas sobre as civís, o que recorda a pertenza de Muros a Mitra Compostelana. Entre elas, a iglexa de S. Pedro (S. X), a antiga Colexiata de S. María e a actúal Igrexa parroquial de S. Pedro de Muros (S. XIII), na que predomina o estilo oxival sobre os restos románicos e conserva sepulcros dos séculos XV e XVI.
Retomando a peregrinación a Finisterre, o camiño percorre a parroquia de Louro, a escasos 3 Km de Muros, onde se atopa o Convento de S. Francisco- do que sae un precioso “vía crucis” o aire libre que agasalla con vistas sobre a ría- , e o ecosistema protexido de Monte Louro, coa súa bella laguna de auga doce o lado do mar e as súas dunas.
Hórreo de Carnota
O longo canastro de Carnota, Monumento Nacional, da celebridade a esta vila conserveira, situada entre interminables praias e a maxestuosa altitude do ancestral Monte Pindo. No topónimo, de orixen antiquísima, a sílaba “carn”, moi frecuente en toda Galicia, fai referencia a pedras e terrenos rocosos.
O canastro e o seu tradicional pombal, que forma parte do conxunto parroquial o que tamén pertencen a igrexia de Santa Comba, o cementerio e a rectoral, son un típico exemplo da arquitectura rural galega. Construído en sólida cantería galega, este canastro, é o segundo máis grande de Galicia, con 34 m de longo e 11 pares de columnas os pés. Ocupa a primeira praza o canastro de Araño –Rianxo-, o máis longo do mundo, con 37 m de lonxitude.
O espacio ecolóxico de Carnota, que chega ata a punta de Caldebarcos, xunto o máxico Monte Pindo, fascinante polo seu inusual tono rosado, acolle unha variedade importante de especies migratorias e forma un conxunto único de dunas e marismas cunha laguna interior. A gran praia está considerada como unha das máis longas e fermosas de Galicia.
Corcubión
Encuadrada no pintoresco marco paisaxístico das plácidas augas da Ría de Corcubión, e casi unida coa veciña industrial Cee, esta poboación foi declarada Conxunto Histórico- Artístico en 1985.
Na Idade Media, ademais da importancia da súa frota, Corcubión contaba cun hospital para acoller ós peregrinos xacobeos que chegaban a vila, camiño do Santo Cristo de Fisterra o do santuario de Nosa Señora da Barca, en Muxía. Ruta obrigada de todos aqueles que despois de rendir culto o Apóstolo remataban a súa longa peregrinación na Fin do Mundo.
As fachadas vidriadas, o fermoso paseo marítimo e as súa vellas rúas seguen atraendo, cada ano, os visitantes que escollen esta vila como centro xeográfico das súas vacacións en Finisterre.
Na nobre arquitectura da vila destacan o pazo de Condes de Altamira (S. XV), o peirao- reconstruído trala súa destrucción polas tropas napoleónicas e polo bombardeo inglés para expulsar os franceses-, Casa Miñones, o Castelo do Cardenal- fortificación deseñada por La Ferrière no 1741, que noutra época defendía a ría con 12 pezas de artillería e 96 militares- e as igrexas de S. Marcos e de S. Pedro, ambas do século XII.
Fisterra
Fisterra posúe todo o magnetismo dun dos lugares míticos da antiguedade. Os pobladores de Europa vían neste punto o fin da terra coñecida, a porta do “Máis Alá”. A imaxe do sol poñéndose sobre as augas do Atlántico aterraba e fascinaba a todo aquel que se asomaba a este extremo occidental do continente. Os rocosos acantilados de Fisterra, en loita constante coas augas do océano, contribuíron desde sempre a alimentar a lenda deste lugar.
Fisterra, Finisterre, Finis Terrae é un terriotorio marcado polo fin, o ocaso, o límite. E é tamén a meta final do Camiño de Santiago, o que hai que chegar para emprender o retorno.
No núcleo urban desta vila con sabor mariñeiro son de interese, entre outros, o peirao do pobo e o Castelo de San Carlos. Onde comenza a subida cara o mítico faro, está ademáis o S. Cristo de Fisterra, imaxe que se atopa na igrexa de S. María das Areas (S. XII).
Pero sen dúbida é a paisaxe a protagonista: a linea de costa cos seus acantilados, as praias agrestes e o propio océano. E o cabo de Fisterra, na vanguardia do océano, que olla cara unha infinita lonxanía que se perde no mar. E non hay que esquece- las excelencias da súa gastronomía, baseada nos mellores productos do mar, entre os que destacan o longueiron, marisco emblemático da zona.
No “fin da terra” finaliza esta ruta que volta a Santiago polo interior- Negreira, Bertamiráns-, por unha paisaxe verde, ondulada que contrasta coa inmensidade do mar que rematamos de deixar atrás. |