Historia
Percorridos
  Rías Baixas - Salnés
  Portugal - Galicia Meridional
  Rías Baixas - Barbanza
  A Costa da Morte - Finisterre
  Rías Altas
  Ribeira Sacra - Cañóns do Sil
  Pazos y Jardines Históricos
  Padrón
  Ribeira Sacra
 
   
 
   
 
   
 
   
 
 

Para contrata-lo servicio
consultar na recepción.

 
 

Ruta6: Ribeira Sacra - Cañóns do Sil

OS MARES INTERIORES:
San Pedro de Rocas, Castro Caldelas, Cañóns do Sil, Doade, Monforte de Lemos.

A Ribeira Sacra comprende as terras do interior de Galicia nas que se unen os ríos máis caudalosos de Galicia: O Sil e o Miño. Nos seus últimos kilómetros, antes de desembocar no Miño, a altura dos Peares, o Sil flue na fronteira entre as provincias de Lugo e Ourense o longo dun profundo cañón que nalgúns puntos alcanza unha profundidade de 500 m, creando desta forma unha paisaxe impresionante e pouco común, sinal de identidade deste territorio.
Estas paisaxes naturais tan potentes foron ocupadas nos inicios do cristianismo por monxes e eremitas de vida ascética que andaban a procura de silencio e a natureza privilexiada destas terras e que, co paso do tempo, levantaron florecentes mosteiros. De ahí o nome de Ribeira Sacra, do que existe constancia escrita dende o século XII. Ademáis de cenobios, esta zona de Galicia, conta cun valioso patrimonio no que non faltal castelos, iglexas, pazos e pontes.
O río é navegable nun tramo de 40 Km, os cales se poden percorrer en cruceiro, en catamarán, e que permiten disfrutar dos currunchos máis recollidos e inaccesibles, doutra maneira, polo difícil do terreo. Nas alturas do cañón abundan os miradores naturais colgados sobre o río, atalaias ideais para a contemplación dunha paisaxe de inusual beleza.
A vexetación da ribeira componse de bosques de roble, castiñeiros, enciñas e setos que bordean os camiños. Entre os curtivos destacan as videiras, dispostas en bancais ou socalcos que ollados dende o río dan conta do esforzo humano por aprobeitar o máximo estas terras das que saen os viños comercilizados coa denominación de orixen “Ribeira Sacra”, sendo nos tintos a modalidade Mencía a máis cultivada, con caldos de grande calidade afrutados e moi aromáticos. Por outro lado, con menos producción, a variedade Godello para os blancos, que acompañan ás exquisitas troitas da zona.

San Pedro de Rocas

O percorrido pola Ribeira Sacra comenza nas inmediacións da igrexia de S. Pedro de Rocas, excavada na rocha. Escondida ó fin dun frondoso bosque, sobre verdes vales, é o santuario eremítico máis antigo de Galicia. No templo oxival , con capelas de arco románicos labrados en pedra viva, chaman a atención os diferentes sepulcros antropomórficos situados tanto no interior coma no exterior.

Mirador de Cabezoas

Unha das panorámicas máis impresionantes dos Cañóns do Sil.

Montederramo

O ferreriano Mosteiro de S. María de Montederramo, fundado no século XII, é un dos máis admirados da Ribeira Sacra. Hoxe atópase maiormente ocupado pola escola municipal e outras funcións.

Castro Caldelas

De Castro Caldelas impresiona a súa ubicación, no imponente castelo na cima da colina, e os impresionantes bancales das ladeiras. Son tamén de interese a igrexa de S. Isabel e o Santuario da Virxe dos Remedios.

En Catamarán por los mares interiores de Galicia

O percorrido en catamarán, un delicioso cruceiro polos Cañóns do Sil cunha duración aproximada de una hora e media, transcurre por paraxes de grande encanto. As augas remansadas e as formacións rocosas do cañón crean un grandioso espectáculos para os sentidos. Nas orillas hai pequenos embarcadoiros utilizados polor vinicultores da zona para transporta-la uva en épocas de colleita. Dende o barco vese, no alto, o fermoso Mosteiro de S. Cristina de Ribas do Sil, igrexa do S. XII con interesante rosetón románico e claustro do S. XVI. Dise que do abside da igrexa saía un túnel cara o exterior. E dise, tamén, que se se pasa o traveso dos castiñeiros oco que hai no entorno - caracochas- curase o raquitismo - tangaraño- asegurándose que tamén funciona con males modernos.
Miles de historias e lendas rodean este impresionante lugar. Pero de entre todas elas sorprende este relato de clara reminiscencia clásica: O deus Xúpiter viuse prendado da fermosura da terra galega, e para posuíla, atravesouna cun río: O Miño. Pero a súa esposa, a deusa Juno, non estaba pola labor de compartir o seu amor cunha extraña, polo que pensou que, si na faciana daquela fermosa terra abría unha ferida, Júpiter, remataría por repudiala. Unha ferida que hoxe son os marabillosos Cañóns do Sil.
Un pouco máis alá, augas abaixo, atópase o Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, recentemente reabilitado para o uso hoteleiro.

Doade


Eiquí atópase a meirande extensión de cultivos de vid, de uva de Amandi, incluída na denominación de orixe “Ribeira Sacra”. O percorrido inclúe a visita a unha adega e a cata deses excelentes caldos galegos.

Monforte de Lemos


Considerada a “porta” da Ribeira Sacra, Monforte –monte forte-, vila medieval, conta cun extenso patrimonio, materializado en mosteiros, castelos, pazos, coventos e pontes que o convirten nunha parada imprescindible, na que destacan o Mosteiro de S. Vicente do Pino, Torre da Homenaxe e os exiguos restos do Pazo dos Condes de Lemos.
A herdanza medieval morfontina complétase coas murallas e as súa torres máis as rúas do casco vello, como a Rúa da Cadea Vella, Rúa dos Fornos ou a Rúa do Burato, onde se atopan numerosas casas balsonadas. Nestas rúas asentáronse, nos últimos anos da Idade Media unha numerosa comunidade xudía- a máis importante de Galicia xunto coa de Ribadavia- que contribuiu a impulsar a vida comercial da vila.
Destacan ademáis a Ponte Vella, construcción de orixe romana- a súa actual configuración é do S. XVI-, o convento das Franciscanas Descalzas- tamén chamado das Clarisas, que alberga un dos museos de arte sacra máis importante de España- e o Colexio Nuestra Señora da Antiga, un importante edificio renacentista coñecido coma o “pequeno Escorial galego”, en cuio museo se conservanvarias obras do Greco.
Como curiosidade, en Monforte atópase a casa máis estreita de España de 1,50 m de ancho e con 20 m de profundidade, que se compón de catro pisos e planta baixa.