| A ORIXE DA LENDA.
Padrón, Iria Flavia, A Escravitude, Bastavales
Padrón é o lugar onde supostamente todo comenzou. O primeiro topónimo que aparece na lenda máis importante de Galicia: A lenda xacobea. E delo queda constancia nos santuarios, nos nomes dos lugares e na atmósfra desta terra. O percorrido está marcado por dous ríos, o Sar e mailo Ulla, e cuia confluencia sitúase a poboación padronesa e as súas amables e productivas veigas, nas que nacen os esquisitos e recoñecidos pementos de Padrón.
Padrón
A vila de Padrón, a 20 Km da cidade, estivo dende sempre moi vinculada a Compostela. Semella que o seu nome pode proceder de “pedrón”, pedra na que supostamente amarraron a barca que trasladou o corpo do Apóstolo Santiago dende Palestina ata as costas galegas. O Sar, o río de Compostela, é tamén o de Padrón, que quedan así vinculados a este brazo de auga. Pola súa proximidade a desembocadura do Ulla, Padrón foi, no medievo, parada obrigada na saída dos compostelanos cara o mar e dársena de entrada dos paregrinos que chegaban do océano. Pola súa situación entre Santiago, Pontevedra e a Ría de Arousa, Padrón é, dende a época romana, un punto neurálxico dos viales galegos.
Visita obrigada é a Casa Museo de Rosalía de Castro, nas aforas de Padrón, fronte a estación de tren padronesa, coñecida tamén coma Casa da Matanza, que é o nome do lugar. Nela pasou os derradeiros días da súa vida a escritora Rosalía de Castro, figura principal das Letras Galegas. Ademáis da lembranza da autora, a casa, bríndanos a oportunidade de coñecer os espacios interiores da arquitectura tradicional da zona.
A só un par de kilómetros da casa de Rosalía atópase o Convento Franciscano de Herbón. O cenobio aséntase á carón dunha frondosa robleda e do río Ulla, famoso polas súas lampreas, troitas e salmóns. De Herbón saíron os primeiros pementos de Padrón, que semella ser que foron traído de México polos monxes franciscanos no século XVI. Estes pequenos pementos verdes son uns dos productos máis coñecidos da gastronomía galega e, segundo advirte o dito dos pementos de padrón, “uns pican e outros non”.
Próximo á casa da escritora está o pequeno xardín botánico-artístico, orgullo dos padroneses.
Padrón, burgo de orixen medieval, aínda conserva o encanto do pasado nos seus rincóns: O Pazo do Obispo de Quinto, a Praza de Macías O Namorado, lexendario trovador desta terra que morreu nas maos dun furioso marido cando cantaba a dor do seu amor imposible.
O “pedrón” do que fala a lenda xacobea atópase debaixo do altar da iglexa parroquial de Santiago mandada construir por Xelmirez, o arzobispo de compostela, na marxe do río. Xusto en fronte, o Espolón, paseo arborado a orilla do Sar que cada domingo é ocupado por unha concurridísima feira, que se enorgullece de ofrecer, entre outras mercadorías, as mellores froitas e verduras da horta padronesa. Cruzando pola ponte de Santiago chégase a fonte do Carme, erixido sobre a rocha granítica da ladeira do Monte de S. Gregorio. A igrexa, única zona accesible ós ollos, é distinguida e fermosa. Dende o atrio, unha visión planimétrica de Padrón e os seus arredores.
Iria Flavia, a Escravitude y Bastavales
Iria Flavia é un topónimo de forte evocación mais de difícil explicación. Este lugar, que sae a estrada pouco despois de saír de Padrón foi a Sé Episcopal ata o seu traslado a Santiago no S. XI. Hoxe é igrexa parroquial de S. María de Adina. As torres piramidais e a portada románica-oxival dan conta do seu explendor pasado. No entorno da igrexa atopamos o aire libre interesantes sepulcros antropomórficos da época sueva. O campo santo de Iria, o carón da igrexa, foi fielmente retratado nas nostálxicas verbas da poetisa Rosalía de Castro: O campo santo de Adina/ non hai dúbida que é encantador,/cos seus olivos escuros/ de vello recordo,/ co seu chan de herbas e flores,/ lindas coma ningunha outra deu Dios. Nel descansan os restos doutro gran literato: O premio Nobel Camilo José Cela, oriundo de Iria Flavia.
Fronte o templo parroquial, unha interesante composición de edificios do S. XVIII, coñecida como Casa dos Canónigos, acolle o pequeno Museo de Arte Sacro de Iria Flavia, o Museo do Ferrocarril John Trulock e a Fundación Camilo José Cela, con obxetos e recordos personais do escritor. No xardín lateral repousan, para sempre, as locomotoras Sarita e Sestao, pioneiras en percorrer o trazado férreo galego.
O santuario de A Escravitude, que sinala o límite das terras de Padrón, asómase a estrada case coma se dunha torre vixia se tratase. Conta a lenda que un home que iba camiño de Compostela sanou súbitamente da súa enfermidade despois de beber auga desta fonte. Agradecido, alababa a virxen por telo liberado da escravitude do seu mal, o que explica a orixe do nome do lugar. Este fermoso e espigado edificio, que fusiona Barroco e Neoclásico, foi levantado para a custodia da fonte miragrosa que se atopa os seus pés. No lado dereito do templo una, pouco común, aldea de casiñas alineadas e case homoxéneas, encaramadas a unha única rúa que leva ata un outeiro, dende o que se avista a veiga do río Sar. Pola esquerda do templo sae un camiño que leva ata a pequena e solitaria igrexa parroquial, de ábside románico. Dende esta elevada plataforma vese outra panorámica da zona.
O val de Bastabale, verde, suave e prolífico, está presidido pola esbelta torre barroca da igrexa de S. Xulian o cal inmortalizou, o igual que todas estas terras a romántica Rosalía de Castro: Campanas de Bastavales/ cando vos ouvo tocar/ morro de soledad. |